Son docente, escritora e imparto obradoiros

Obradoiros de igualdade

Imaxe: nome

A palabra feminismo

Imaxes: nome

A palabra feminismo chegou á miña vida xa maior de idade e decateime de que
existía un termo para explicar todo aquilo que sentira de pequena: non era necesario ser un neno para protagonizar os libros de aventuras, nin para ser mellor en ciencia e matemáticas, e tampouco por ser muller tiñan que gustarme a moda ou as bonecas.

Levo desde 2016 percorrendo escolas e institutos de toda Galicia para falar das miñas historias e demostrar que o poder da imaxinación derruba calquera barreira.

Os roles de xénero restrinxen a nosa liberdade e é na infancia e na adolescencia cando se definen os límites que nos acompañarán na idade adulta.

Axudamos a eliminalos?

Que obradoiros ofrezo?

Contacontos A reconquista

Contacontos sobre o libro A Reconquista a cargo da súa autora, gañadora ex-aequo do I Premio Fina Casalderrey pola Igualdade de Baía Edicións. 

Porque a igualdade non consiste en que os nenos fagan cousas de nenas e viceversa, senón en que todos e todas, gústenos o que nos guste, teñamos cabida no mundo (e neste caso, no patio do colexio). 

Para finalizar, xogaremos unha partida xigante de pés quedos á que papás e mamás e tamén o profesorado están convidadas!

Breve historia divertida do feminismo galego

Narración oral onde se fará un breve repaso cun estilo divertido do feminismo galego

Por que existen o sexismo e o machismo? Quen foron as primeiras mulleres en combatelo? Desde 1963, só a 4 escritoras se lles dedicou o Día das Letras Galegas. Por que será? 

As castrexas, as Marías de Compostela ou a primeira futbolista do Estado serán só algunhas das mulleres que coñeceremos grazas a este obradoiro.

O sexismo no día a día. Cousa do pasado?

Grazas a cousas tan cotiás coma os xornais, a televisión ou a radio, descubriremos se a igualdade entre homes e mulleres é real e completa hoxe en día ou só se trata dunha utopía.

Analizaremos titulares, artigos, noticias e mesmo anuncios para comprobar se se aplica neles unha básica perspectiva de xénero ou seguen a perpetuar roles machistas que nun principio poden parecer inocuos. 

Seremos quen de adiviñar se as situacións propostas son cousa do pasado ou, por desgraza, do noso tempo?

Contacontos A reconquista + O sexismo no día a día

Adaptación para as primeiras idades (educación infantil) dos obradoiros citados. 

Primeiro, farase unha aproximación a que é iso das cousas dos nenos e as cousas das nenas. Realmente existen? É o fútbol unha delas? Pode esa división verse no patio do colexio?

Con posterioridade, analizaremos diversas imaxes e obxectos (xoguetes, maquillaxe, roupa…) para determinar cales corresponden a cada un dos sexos… se é que iso existe, claro.

Clubs de lectura e charlas sobre libros

Tamén visito centros e clubs de lectura para poder falarmos das obras que escribo. 

O proceso de escrita, de publicación ou en que me baseo para darlles forma son só algúns dos temas que me gusta tratar. 

Ademais, as preguntas e críticas dos/das lectores/as son primordiais: como se non se aprende a mellorar?

Non dubides en escribirme

Se tes algunha pregunta sobre a miña obra, queres máis información sobre os obradoiros que organizo ou pensas que te podo axudar nalgúnha cuestión, non dubides en escribirme a través do formulario de contacto. Tamén podes seguirme nas miñas redes sociais!

Translate »