Libros e feminismo
Ola, son
Antía Yáñez
Nacín en Burela, aos pés do Cantábrico, no verán de 1991. Na infancia devorei libros como elemento principal da dieta e agora escribo como complemento alimenticio vital. Coñéceme máis.
Las savias
A edición en castelán de Senlleiras. Chega ás librarías este outono, da man de Mar Maior.
Bragakadabra
A avoa Coral volve despois de anos cunha maleta vella e un segredo que porá todo patas arriba.
A eiruga rabuda
Dorotea agarda converterse en bolboreta, pero a metamorfose falla. Terá que atopar outro xeito de brillar.
Be Water II. Terra
Segunda parte de Be Water. Iolanda e a súa filla deixan atrás a Colmea, e fóra agárdaas un mundo novo.
Senlleiras
A novela das mulleres que rachan co silencio. Mulleres senlleiras que merecen ser lembradas.
Premios e recoñecementos
Na ABAU
Senlleiras foi o texto do exame de Lingua Galega e Literatura da ABAU 2021, e do modelo oficial da proba de 2022.
XIX Premio Raíña Lupa
Da Deputación da Coruña, en 2025, por Bragakadabra (Xerais, 2026).
Premio dos Clubs de Lectura
En 2022, á autora galega máis lida nos clubs de lectura escolares.
Obradoiros de igualdade
Non era necesario ser un neno para protagonizar os libros de aventuras, nin para ser mellor en ciencia e matemáticas, e tampouco por ser muller tiñan que gustarme a moda ou as bonecas.
Os roles de xénero restrinxen a nosa liberdade e é na infancia e na adolescencia cando se definen os límites que nos acompañarán na idade adulta.