Libros e feminismo
Ola, son
Antía Yáñez
Nacín en Burela, aos pés do Cantábrico, no verán de 1991. Na infancia devorei libros como elemento principal da dieta e agora escribo como complemento alimenticio vital.
Las savias
A edición en castelán de Senlleiras. Chega ás librarías este outono, da man de Mar Maior.
Bragakadabra
A avoa Coral volve despois de anos cunha maleta vella e un segredo que porá todo patas arriba.
A eiruga rabuda
Dorotea agarda converterse en bolboreta, pero a metamorfose falla. Terá que atopar outro xeito de brillar.
Be Water II. Terra
Segunda parte de Be Water. Iolanda e a súa filla deixan atrás a Colmea, e fóra agárdaas un mundo novo.
Senlleiras
A novela das mulleres que rachan co silencio. Mulleres senlleiras que merecen ser lembradas.
Obradoiros de igualdade
Non era necesario ser un neno para protagonizar os libros de aventuras, nin para ser mellor en ciencia e matemáticas, e tampouco por ser muller tiñan que gustarme a moda ou as bonecas.
Os roles de xénero restrinxen a nosa liberdade e é na infancia e na adolescencia cando se definen os límites que nos acompañarán na idade adulta.