Unhas vacacións máis, o misterio chama por Antón, Sabela, Iria, Carola e Venres, esta vez na Guarda. Seu pai ten que acudir a un congreso e toda a familia vai acompañalo, pero xusto o día da partida a avoa cae polas escaleiras e a nai queda para coidala no hospital. Ao chegar, descobren que nada é o que parece: quen fixo as reservas dos cuartos? Que é esa presenza estraña que senten de cando en vez? Que hai de certo na lenda da Laxe Sagrada do castro de Santa Trega? E se a avoa realmente non caeu, senón que… a caeron?
Terceira entrega da serie Os Misterios de Antía Yáñez, con ilustracións de Esther S. Rivas. Podes ver tamén as fichas de O misterio de Portomarín e O misterio do torque de Burela.
Onde mercar
Podes reservalo na túa libraría máis próxima a través de Todostuslibros, o portal das librarías, ou consultalo na páxina de Editorial Galaxia.