Aquí podes atopar...

As miñas obras e premios

Imaxe: nome

Novidade

Portada de Las savias, de Antía Yáñez (Mar Maior)

Las savias

A edición en castelán de Senlleiras. Mar Maior, outubro de 2026. Xa á venda.

Portada de O misterio do castro de Santa Trega, de Antía Yáñez, con ilustración de Esther S. Rivas (Editorial Galaxia)

O misterio do castro de Santa Trega

A banda dos Misterios investiga na Guarda. Editorial Galaxia, novembro de 2026. Xa á venda.

Por idades

Os libros non teñen idade, pero como é o que máis me preguntan vou tentar clasificar os meus desta forma:

Primeiros lectores

Literatura infantil

  • Plan de rescate (+9) · Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade 2019
  • Bragakadabra (+10) · Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil 2025

Mocidade (a partir de 12)

Persoas adultas

Cada título aparece unha soa vez, na súa versión orixinal: as edicións noutras linguas (castelán, catalán…) están indicadas dentro de cada ficha. E a edición en Lectura Fácil de O misterio do torque de Burela é para calquera idade: lectura accesible para todas as persoas.

Portada de Bragakadabra, novela infantil de Antía Yáñez

Bragakadabra

A avoa Coral volve despois de anos cunha maleta vella e un segredo que porá todo patas arriba.

Portada de A eiruga rabuda, álbum infantil de Antía Yáñez

A eiruga rabuda

Dorotea agarda converterse en bolboreta, pero a metamorfose falla. Terá que atopar outro xeito de brillar.

Portada de Be Water II. Terra, de Antía Yáñez (Cuarto de Inverno)

Be Water II. Terra

Iolanda e a súa filla deixan atrás a Colmea pagando un prezo moi alto. Fóra agárdaas un mundo novo… e unha Raíña que só quere máis poder. Segunda parte de Be Water.

Portada de O clan das barbies, novela de Antía Yáñez

O clan das barbies

Tres descoñecidas atópanse nunha clínica de fertilidade. Do desespero e da carraxe nacerá unha amizade.

Portada de Non penses nun elefante rosa, novela de Antía Yáñez

Non penses nun elefante rosa

Aurora ten traballo, amigas e liberdade. Todo sería perfecto… se non fose porque case nada vai como debería.

Portada de Entre donas, obra colectiva na que participa Antía Yáñez (Baía Edicións)

Entre Donas

Dez relatos doutras tantas escritoras galegas actuais que colocan as mulleres no centro da historia.

Portada de Plan de rescate, novela infantil de Antía Yáñez (Xerais)

Plan de Rescate

Xeila, Heitor, Aldán e Noela están traballando. Oen un estrondo e a profe Xoana desaparece.

Portada de Be Water, novela xuvenil de Antía Yáñez (Cuarto de Inverno)

Be Water

Tras o Gran Cataclismo, a humanidade sobrevive soterrada nas Colmeas.

Portada de O misterio do torque de Burela, de Antía Yáñez, na serie Os Misterios de Antía Yáñez, con ilustración de Esther S. Rivas (Editorial Galaxia)

O misterio do torque de Burela

Catro irmáns e un can especialista en investigar misterios inquedantes ao longo de toda Galicia.

Portada de A reconquista, de Antía Yáñez (Baía Edicións)

A Reconquista

No patio do colexio de Lúa prodúcese todos os días unha invasión que deixa moitas nenas e nenos sen espazo.

Portada de Senlleiras, novela de Antía Yáñez (Editorial Galaxia)

Senlleiras

A novela das mulleres que rachan co silencio. Mulleres senlleiras que merecen ser lembradas.

Portada de O misterio de Portomarín, de Antía Yáñez, na serie Os Misterios de Antía Yáñez, con ilustración de Esther S. Rivas (Editorial Galaxia)

O misterio de Portomarín

Durante séculos aquela vila anegada tivo os seus (terribles) segredos ben gardados. Mais agora van saír á luz.

Premios

  • 2026 · Finalista do XXIII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego — polo artigo A memoria, publicado na revista Luzes.
  • 2025 · XIX Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil — Deputación da Coruña, por Bragakadabra (Xerais).
  • 2024 · XXXIII Certame de Narracións Breves «Manuel Murguía» — Concello de Arteixo, polo relato As regras.
  • 2024 · II Premio Mulleres que Opinan, modalidade en galego — Deputación de Pontevedra, polo artigo de opinión As leis de Newton.
  • 2024 · Finalista do XXI Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego — Afundación, pola columna Medrar (Luzes).
  • 2023 · Finalista dos Premios Follas Novas do Libro Galego — por Non penses nun elefante rosa (Xerais).
  • 2022 · XVIII Premio Frei Martín Sarmiento — Escolas Católicas de Galicia, por Plan de rescate: premio outorgado directamente polo alumnado lector de 5º e 6º de primaria.
  • 2022 · XIX Premio Johán Carballeira de Xornalismo — Concello de Bueu, pola crónica A saúde mental en Galicia, en bragas, publicada na revista Luzes.
  • 2022 · Premio dos Clubs de Lectura — Consellería de Cultura, Educación e Universidade, á autora galega máis lida nos clubs de lectura escolares.
  • 2021 · Finalista da Gala do Libro Galego, Mellor Libro de Narrativa — por Entre donas (Baía Edicións, obra colectiva).
  • 2020 · Finalista da Gala do Libro Galego, Mellor Libro Xuvenil — por Be Water (Cuarto de Inverno).
  • 2019 · III Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade — por Plan de rescate (Xerais).
  • 2019 · Finalista do I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil — por Be Water (Cuarto de Inverno).
  • 2018 · II Premio Illa Nova de Narrativa — Editorial Galaxia, por Senlleiras.
  • 2018 · I Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (ex aequo) — Baía Edicións, por A Reconquista.
  • 2013–2018 · Premios de relato curto — entre eles a Lonxa Literaria (Moaña, 2013), Os Viadutos (Redondela, 2014 e 2017), Narrabreve (A Coruña, 2015), Dafne e Manuel Nevado Madrid (Oviedo, 2016), Mujerarte (Lucena, 2016), Yachaymalka (Perú, 2016), Pablo de Olavide (La Luisiana, 2016), o Certame Literario de Cambre (2016, 2017 e 2018), o Certame Letras Galegas de Abegondo (2018) e o Xaime Illa Couto (Poio, 2018).

Aparicións nos medios

As entrevistas, os vídeos e as columnas están agora todos xuntos na páxina de prensa.

Translate »