Xa non existe a Era Superficial no planeta Terra. Tras o Gran Cataclismo, a humanidade sobrevive soterrada nas Colmeas, estruturas elípticas con minúsculos cubículos hexagonais onde dormen os seus habitantes.
Iolanda é unha adolescente que, xunto a súa filla e o seu curmán, vive nunha destas Colmeas baixo a tiranía da Raíña e a escaseza de auga, un ben que se converteu no artigo máis prezado do mundo e polo que a xente é mesmo quen de matar.
Iolanda sábeo: a estraña aparición dun cadáver desencadea unha serie de acontecementos que farán que xa nada volva ser o que era.
Onde mercar
Podes reservalo na túa libraría máis próxima a través de Todostuslibros, o portal das librarías, ou consultalo na páxina de Cuarto de Inverno.