A edición en castelán de Senlleiras.
Unha influencer sobe unha foto ás redes sociais onde aparece unha man fantasma. Xusto unha semana máis tarde, a moza é atopada morta. A partir deste fío técense as vidas de varias mulleres de diferentes séculos, mulleres senlleiras que merecen ser lembradas.
Oito anos despois da súa publicación en galego, Senlleiras chega ao castelán co título Las savias, da man de Mar Maior, o selo en castelán de Editorial Galaxia, cunha introdución de Lucía Solla Sobral. Á venda desde o 8 de outubro de 2026.
Podes ler a ficha da edición orixinal en galego en Senlleiras.
Onde mercar
Podes atopalo na túa libraría máis próxima a través de Todostuslibros, o portal das librarías, ou consultalo na páxina de Mar Maior.
ISBN: 979-13-88224-13-3