Portada de O clan das barbies, novela de Antía Yáñez

O clan das barbies

Editorial Xerais (Colección Narrativa).

Idioma: galego.

Primeira edición: 2024.

Sinopse

Un antídoto cheo de furia e sororidade fronte á precariedade.

Nun mundo onde semella que os cartos poden comprar todo, tres persoas atópanse na clínica de fertilidade Eva. Non se coñecen, pero ese encontro fortuíto será o inicio dunha amizade xurdida da desesperación e da carraxe.

A través da historia deste clan de subalternas, Antía Yáñez proponnos un antídoto co que facer fronte á precariedade, á discriminación e á explotación. Porque a violencia nunca é a solución. Ata que o é.

Edicións noutras linguas

Onde mercar

Podes reservalo na túa libraría máis próxima a través de Todostuslibros, o portal das librarías, ou consultalo na páxina de Edicións Xerais.

Non dubides en escribirme

Se tes algunha pregunta sobre a miña obra, queres máis información sobre os obradoiros que organizo ou pensas que te podo axudar nalgúnha cuestión, non dubides en escribirme a través do formulario de contacto. Tamén podes seguirme nas miñas redes sociais!

Translate »