Humor, misterio, amizade e moita maxia científica.
Branca ten dez anos, está fartísima de «tea parties» con peluches e a súa vida parécelle máis gris ca unha tarde de choiva… ata que a avoa Coral, desaparecida hai anos, irrompe na casa cunha maleta vella e un segredo que vai poñer todo patas arriba.
Cunha ovella anana de compañeira, Branca viaxa a Ouessant, unha illa francesa onde as mulleres da súa familia gardan un don tan antigo coma perigoso. Alí terá que aprender a confiar en si mesma para lidar con bragas máxicas, carneiros que falan e unha perigosa rede social que transforma as persoas en zombis pegados a unha pantalla.
Onde mercar
Podes reservalo na túa libraría máis próxima a través de Todostuslibros, o portal das librarías, ou consultalo na páxina de Edicións Xerais.