Unha novela que aborda a fondo a saúde mental cun extraordinario sentido do humor.
Aurora é nova, independente, ten traballo, amigas, vive soa na cidade, le novelas eróticas, sae cando quere e déitase con quen lle prace. Todo sería perfecto… se non fose porque na súa existencia case nada vai como debería.
Cando a súa vida cambalea, no seu camiño aparece Brais, un neno de dez anos. Divertida, atrevida, profunda, politicamente incorrecta e vertixinosa.
Edicións noutras linguas
- No pienses en un elefante rosa (castelán). Contraluz, febreiro de 2022.
- No pensis en un elefant rosa (catalán), tradución de Eduard Velasco. Contraluz, febreiro de 2022.
Onde mercar
Podes reservalo na túa libraría máis próxima a través de Todostuslibros, o portal das librarías, ou consultalo na páxina de Edicións Xerais.