Os irmáns Antón, Carola, Sabela e Iria, co seu can Venres, investigan un misterio: o roubo do famoso torque de Burela no Museo Provincial de Lugo. Os protagonistas terán problemas durante a súa investigación. Poderán resolvelos?
Esta edición forma parte da colección Lectura Fácil de Editorial Galaxia, cunha linguaxe adaptada que elimina barreiras e favorece a comprensión. A adaptación é de Jesús Meiriño e as ilustracións de Agustina Shuan. É unha edición especialmente útil para bibliotecas, clubs de lectura e centros de educación especial.
Podes ver tamén a ficha da novela orixinal.
Onde mercar
Podes reservalo na túa libraría máis próxima a través de Todostuslibros, o portal das librarías, ou consultalo na páxina de Editorial Galaxia.