Entre donas (varias autoras)

Baía Edicións (Baia Narrativa).

Idioma: galego.

Primeira edición: outubro 2020.

Sinopse

Temos nesta obra dez relatos doutras tantas escritoras galegas actuais, diversas en estilo narrativo, experiencias, recoñecemento e noutros moitos aspectos vitais, pero que coinciden en tomar a palabra e falar con voz propia, colocando as mulleres no centro da historia.

En palabras recollidas do Epílogo de Ana Luisa Bouza: “Non hai que confundir a realidade co desexo dos homes”, recoméndanos un dos relatos desta obra colectiva. Non hai que confundir a literatura coa ollada masculina. A simple acción de escribir, de pasar de lectora a autora, de decorado a protagonista, cambia a literatura porque cambia o punto de vista.

Mais este cambio faise radical cando a escrita é feminista.

Se ollamos alén da aparente banalidade da escrita de ficción, podémonos facer unha idea da importancia do “relato dos relatos” na socialización, na construción, destrución e cambio de estereotipos de toda caste, incluídos os de xénero.

Na prensa

  • Eva Mejuto fala de Entre donas no Zigzag Diario da Televisión de Galicia Ver aquí.
  • Recensión de Irene Pin para o xornal Nós Diario Ver aquí.
  • Recensión no blog Ferradura en Tránsito II de Xosé Manuel Eyré Ver aquí.
  • Recensión de Tensi Gesteira no blog Lecturafilia Ver aquí.
  • Recensión de Manrique Ferández no blog O meu andel Ver aquí.
  • Recensión no blog Trafegando Ronseis Ver aquí.
  • Recensión no blog Day break over the ocean Ver aquí.

Non dubides en escribirme

Se tes algunha pregunta sobre a miña obra, queres máis información sobre os obradoiros que organizo ou pensas que te podo axudar nalgúnha cuestión, non dubides en escribirme a través do formulario de contacto. Tamén podes seguirme nas miñas redes sociais!

Translate »