Quero que o maior número posible de persoas poida acceder aos contidos desta web, independentemente das súas capacidades ou do contexto de uso. Esta declaración actualizouse por última vez o 4 de setembro de 2026.
Estándar aplicado
Este sitio procura axustarse ás Pautas de Accesibilidade para o Contido Web (WCAG) 2.1, nivel AA, do W3C, recollidas na norma UNE-EN 301549 e no Real Decreto 1112/2018 (aplicable ao sector público e que aquí se toma como marco de referencia voluntario).
Estado de conformidade
Este sitio é parcialmente conforme coas WCAG 2.1 nivel AA: aplícanse boas prácticas de accesibilidade, pero aínda non se realizou unha auditoría formal completa. Medidas en uso:
- Estrutura semántica de encabezados e navegación por teclado (tecla Tab).
- Descricións alternativas nas imaxes.
- Ligazóns con texto descritivo do seu destino.
- Deseño adaptable a distintos dispositivos, co texto redimensionable dende o navegador (zoom).
- Tipografías aloxadas no propio servidor e formatos estándar.
Atopaches unha barreira?
Se tes dificultade para acceder a calquera contido desta web, escríbeme a ola@antia.gal indicando «Accesibilidade» no asunto e a páxina onde atopaches o problema. Comprométome a dar resposta e, se é posible, a corrixilo.