Unha aventura irreverente e moi divertida sobre a valentía e a beleza de ser quen es.
No corazón dun zoo cheo de criaturas sorprendentes, Dorotea, unha eiruga que se sente máis fea ca as demais, espera ansiosa converterse en bolboreta. Pero a metamorfose falla e segue igual ca sempre: sen ás, sen brillo e sen beleza.
Coa axuda do rato Arrebato e dunha panda de animais tan raros coma marabillosos, Dorotea descobre talentos propios que nunca imaxinara. Cando uns visitantes maleducados comezan a atormentar os seus amigos, a pequena eiruga terá que decidir: agocharse… ou loitar!
Onde mercar
Podes reservalo na túa libraría máis próxima a través de Todostuslibros, o portal das librarías, ou consultalo na páxina de Edicións Xerais.