Un antídoto cheo de furia e sororidade fronte á precariedade.
Nun mundo onde semella que os cartos poden comprar todo, tres persoas atópanse na clínica de fertilidade Eva. Non se coñecen, pero ese encontro fortuíto será o inicio dunha amizade xurdida da desesperación e da carraxe.
A través da historia deste clan de subalternas, Antía Yáñez proponnos un antídoto co que facer fronte á precariedade, á discriminación e á explotación. Porque a violencia nunca é a solución. Ata que o é.
Edicións noutras linguas
- El clan de las barbies (castelán). Contraluz, novembro de 2024.
- El clan de les barbies (catalán), tradución de Francesc Esteve Beneito. Contraluz, novembro de 2024.
Onde mercar
Podes reservalo na túa libraría máis próxima a través de Todostuslibros, o portal das librarías, ou consultalo na páxina de Edicións Xerais.