Premios e certames en galego

Unha das preguntas que máis me fan en obradoiros e clubs de lectura é: «e onde podo mandar o que escribo?». Esta páxina é a resposta: os premios e certames literarios, de Galicia e de fóra, que aceptan orixinais en lingua galega. Revísoa cada mes. Se ves un erro ou coñeces un premio que falta, escríbeme.

Última revisión: 27 de agosto de 2026. Comproba sempre as bases oficiais antes de enviar: os prazos e dotacións poden cambiar.

Con prazo aberto agora

  • Premio Xosemaría Pérez Parallé (poesía) — Fene · 3.000 € + publicación · só para quen aínda non publicou libro individual de poesía · pecha o 12 de setembro de 2026 · bases
  • Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey — O Grove · 3.000 € + publicación en Xerais · pecha o 15 de setembro de 2026 · bases
  • Premio Edebé de Literatura Infantil e Xuvenil — admite todas as linguas do Estado · infantil 25.000 € / xuvenil 30.000 € · pecha o 15 de setembro de 2026 · bases
  • Premio de Poesía Victoriano Taibo — Gondomar · 3.000 € + publicación en Galaxia · pecha o 30 de setembro de 2026 · bases
  • Certame Internacional de Poesía Rosalía de Castro — A.C. Galega de Cornellà (Barcelona) · 40ª edición, só en galego · 1.150 € · pecha o 15 de outubro de 2026 · convocatoria
  • Premio Ramón Piñeiro de Ensaio — Política Lingüística + Galaxia · 3.000 € · pecha o 1 de novembro de 2026 · bases
  • Xuventude Crea (16 a 30 anos) — Xunta de Galicia · poesía, novela curta, teatro, cómic e máis modalidades · 2.000/1.500/1.000 € por especialidade · a convocatoria 2026 está a piques de saír no DOG (en 2025 abriu o 30 de agosto) · información
  • Certame de Aventuras Antón Avilés de Taramancos — Noia · relato de aventuras · 3.000 € · convocado en xullo de 2026, consulta o peche nas bases · bases

Narrativa

  • Premio Xerais de Novela — 10.000 € + publicación · convócase en novembro-decembro, prazo ata o 1 de marzo · convocatoria
  • Premio Manuel García Barros — A Estrada · 9.000 € + publicación en Galaxia · prazo ata o 31 de xaneiro · bases
  • Premio Internacional Torrente Ballester (modalidade en galego) — Deputación da Coruña · 15.000 € · convocatoria propia en galego, á parte da de castelán · febreiro-abril · bases
  • Premio de Narrativa Breve Repsol — 15.000 € · novela curta · xuño-xullo · convocatoria
  • Premio Eduardo Blanco Amor de novela longa — Deputación de Ourense · 15.000 € · adoita saír na primavera con prazo no verán (edición 2026 por confirmar) · bases
  • Premio Illa Nova de Narrativa (menores de 35 anos) — Galaxia · 3.000 € + publicación · prazo ata o 30 de abril · convocatoria
  • Certame de Narracións Breves Manuel Murguía — Arteixo · 4.000/2.000/1.000 € · convócase en decembro, prazo ata o 31 de xaneiro · concello
  • Premio Ángeles Terrazo de Novela — Vigo · 20.000 € + publicación en galego e castelán · admite galego e castelán · prazo ata xuño (1ª edición en 2026) · bases
  • Certame de Narración Curta Ánxel Fole — Lugo · 4.000 € + publicación en Xerais · adoita convocarse en decembro (edición 2026 por confirmar) · información
  • Premio Ricardo Carvalho Calero (narración curta) — Ferrol · 4.000 € · adoita pechar o 30 de setembro (edición 2026 por confirmar) · concello

Literatura infantil e xuvenil

  • Premio Merlín de Literatura Infantil — Xerais · 10.000 € + publicación · convócase en novembro, prazo ata o 1 de marzo · convocatoria
  • Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil — Xerais · 10.000 € + publicación · convócase en novembro, prazo ata o 1 de marzo · convocatoria
  • Premio Raíña Lupa — Deputación da Coruña · 6.500 € · febreiro-abril · bases
  • Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade — Vilalba · 3.000 € + publicación en Xerais · abril-xullo · concello
  • Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil — Galaxia · 6.000 € + publicación · convócase no outono, prazo ata mediados de xaneiro · bases
  • Certame Jaime Olmedo (novela infantil) — Antela Editorial · 3.000 € + publicación · outubro-decembro · bases
  • Premio Lazarillo de Creación Literaria — OEPLI · admite todas as linguas do Estado · 6.000 € · adoita pechar a finais de setembro (convocatoria 2026 por confirmar) · bases
  • Premio Fina Casalderrey pola Igualdade — Baía Edicións · 2.500 € + publicación · arredor do 8 de marzo (edición 2026 por confirmar) · bases
  • Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil — AGADIC · teatro para a infancia · 6.000 € · convócase en decembro, prazo ata o 30 de abril · procedemento

Poesía

  • Premio de Poesía Afundación — 7.000 € + publicación · febreiro-xullo · bases
  • Premio Fiz Vergara Vilariño — Sarria · 6.000 € + publicación · abril-xuño · concello
  • Premio de Poesía Concello de Carral — 3.500 € + publicación · xaneiro-marzo · bases
  • Premio Miguel González Garcés — Deputación da Coruña · 6.500 € · bienal (anos pares); a próxima, en febreiro de 2028 · bases
  • Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey — Fornelos de Montes · 2.500 € + publicación en Xerais · setembro-novembro · concello

Teatro

  • Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais — AGADIC · 8.000 € · convócase en decembro, prazo ata o 30 de abril · procedemento
  • Premio Rafael Dieste — Deputación da Coruña · 6.500 € · bienal (anos impares); a próxima, en febreiro de 2027 · bases
  • Premio Abrente de textos teatrais — MIT de Ribadavia · 4.000 € + publicación · marzo-xuño · bases

Relato curto e microrrelato

  • Concurso de microrrelatos RAG–PuntoGal — Real Academia Galega · en liña, ata 200 palabras · 1 ao 28 de febreiro · bases
  • Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra – Parada de Sil — 1.000 € ao mellor en galego (premio separado do de castelán) · prazo ata o 31 de marzo · bases
  • Premio Exeria de relato curto — Ateneo Atlántico de Vigo · 1.500 € · tema anual sobre Vigo · febreiro-xuño · bases
  • Certame Francisco Añón de Poesía — Outes · categorías por idade, tamén para adultos · xaneiro-marzo · concello
  • Inspiraciencia (relato de inspiración científica) — CSIC · admite galego · ata 800 palabras · prazo ata marzo · web
  • Concurso Literario Letras Galegas — Mesa das Verbas (Vilagarcía) · relato curto · 400/300/200 € · prazo ata comezos de maio · convocatoria

Xornalismo e ensaio

  • Premio Fernández del Riego de xornalismo — Afundación · 10.000 € · para artigos xa publicados en galego · marzo-maio · bases
  • Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela — A Estrada · para traballos publicados en galego · convócase no outono · información
Translate »