Falar galego é só o principio. Tamén se pode escoitar, ver, xogar e vestir en galego — e cada vez hai máis onde escoller. Esta é a miña lista, persoal e incompleta: as cousas que me gustan ou que me gustaría que coñeceses. Se botas algo en falta, escríbeme. Cada vez que a leo apunto outras 3.
Última revisión: 8 de novembro de 2026. Sen prezos e sen publicidade: só recomendacións.
Podcasts
- Podgalego — o directorio de todos os podcasts en galego, desde 2006.
- Oíches? — o podcast do propio Podgalego, para descubrir outros.
- O Faiado — cultura e pop galego por oito xornalistas novas.
- Café Derby 21 — literatura, series e música (un podcast de Luzes); rematou en 2024: quedan 110 episodios para gozar.
- Os Reis e as Raíñas da Galiza — 34 capítulos de historia (Nós Diario).
- As grandes raíñas galegas na historia — Xoana e Inés de Castro, Urraca, Sancha (Nós Diario).
- Biografías esenciais do Reino de Galiza — Pardo de Cela, as monxas touquinegras… (Nós Diario).
- A actualidade está sobrevalorada — o podcast de Luzes.
- Malva e Duarte falan de misterios — misterios cada dúas semanas.
- As Womansplainers — «señoras explicando cousas desde 2021».
- Recuncho Gamer e A Gruta de Gizamaluke — videoxogos en galego.
- O Exército Mekemeke — humor irreverente, desde a radio de Ames.
- Carretando — política galega con «xornalismo lento».
- Galiza Metálica — metal en galego e portugués.
- Té con gotas — dous xornalistas galegos contan Londres.
- Galiza… Algo Máis — cada sábado en galego desde Barcelona (Sants 3 Ràdio).
- Entreliñas — o literario das bibliotecas públicas, con Teresa Cuiñas e Eva Mejuto.
- Radio Galega Podcast — a plataforma da radio pública.
Series, cine e TV
- AGalega — o streaming da CRTVG, de balde e con app.
- O sabor das margaridas — a serie galega de Netflix.
- Auga seca — thriller TVG/HBO.
- Cine: O que arde · O corno · Matria · As Neves · Deuses de pedra · San Simón · Así chegou a noite.
- Guía viva: os finalistas dos Premios Mestre Mateo cada ano.
Xogos de mesa e de cartas
- Campa — cartas e campamentos, da cooperativa Aventeira; «o xogo de mesa definitivo en galego» (Nós Diario).
- Sálvora e Carreira de caracois (+3 anos) — de Brazolinda.
- Galiza no tempo, Máis Galiza no tempo e Vacaloura (2.000+ preguntas) — de OZOCOgz.
- Feminismos no tempo — barallas para ordenar a historia do feminismo, en Avezar.
- Helendra — roles secretos nun bosque máxico, de 1 a 5 persoas (Quimera Xogos; en Avezar).
- Baralla galega — vieira, cunca, fouce e pemento de Padrón como paus.
- Board Game Arena en galego — centos de xogos en liña coa interface en galego.
- Videoxogos en galego en itch.io — da game jam «Dende o galego, con humor» e outros.
- Voando Libre — tenda especializada en xogos e libros en galego.
- Guía viva: As Chaves da Lingua.
No móbil
- Dicionario RAG — a app oficial: gratuíta, sen publicidade e funciona sen conexión.
- Portal das Palabras — a palabra do día e xogos de léxico.
- Galipedia — a Wikipedia en galego.
- Xabarín e AGalega — as apps da TVG.
Roupa con mensaxe
- Rei Zentolo — o clásico desde 2003.
- Afouta — roupa con frases en galego, desde Moaña.
- Galitee — frases como código secreto entre galegas.
- O Raposo — retranca vestible.
Ciencia e tecnoloxía
- GCiencia — o portal da ciencia galega.
- Efervesciencia — o podcast de ciencia da Radio Galega.
- Código Cero — tecnoloxía en galego desde hai dúas décadas.
- Mes da Ciencia en Galego — novembro, nas bibliotecas.
Música
Agora mesmo: Tanxugueiras · Fillas de Cassandra · Mondra · Baiuca · Grande Amore · The Rapants · Ortiga · Boyanka Kostova · Kid Mount · 9Louro
De raíz e de sempre: Caamaño & Ameixeiras · Sés · Guadi Galego · Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre · Uxía · Mercedes Peón · Luar na Lubre · Milladoiro
Para crianzas: Paco Nogueiras · Pakolas · Mamá Cabra · Magín Blanco · Uxía Lambona e a Banda Molona
Lembra Xabarín — concerto tributo á música do Xabarín, para familias; en xira.
Teatro e espectáculos
- Centro Dramático Galego — a compañía pública.
- Chévere — Premio Nacional de Teatro.
- Sarabela Teatro — Ourense, a compañía con máis premios María Casares.
- Voadora · Ibuprofeno Teatro · Contraproducións.
- Migallas — teatro para crianzas.
- Bibopalula · O Espectáculo — o musical en directo da serie da TVG (no Xabarín), para 4-8 anos.
- Festivais de teatro: MIT de Ribadavia e FIOT de Carballo.
- erregueté — a revista galega de teatro.
- Anna R. Figueiredo — crónicas e críticas do teatro galego, na web dunha escritora (e doutora en física).
Redes e creadoras
- Premios Youtubeiras — o certame dos concellos aos vídeos en galego.
- Sara Seco — das máis coñecidas en galego no TikTok.
- Pradorúa — María Prado; dobre finalista nos Youtubeiras+.
- Konachadas — humor desde Ames; finalista nos Youtubeiras+.
- Adochinto — contidos en galego no TikTok.
- Fíos de cores — crochet e costura creativa en galego, desde a Costa da Morte.
- Rodri Míguez — divulgación musical en galego.
- Nee Barros (@neeumatiko) — divulgación cultural e literatura.
- @pringadas.serie (Belén Puime) — serie de humor en TikTok e Instagram.
Revistas e medios
- Nós Diario — o diario en galego.
- Praza Pública — xornal dixital en aberto.
- Luzes — a revista onde escribo.
- Culturagalega — o portal do Consello da Cultura Galega.
- Galicia Confidencial — actualidade en galego.
Para as crianzas
- Xabarín — a app e o club da TVG.
- O Papagaio — revista infantil en galego.
Festivais e citas
- Culturgal — a feira das industrias culturais galegas; cada decembro (en 2026: 27-29 de novembro), Pontevedra.
- Osa do Mar — o festival de Burela, en setembro: indie estatal e boa presenza de música en galego no cartel.
- Carballo Interplay — festival de contidos dixitais en galego.
- Semana do Cinema Galego — A Coruña.
- Cineuropa — Compostela, novembro.
- Festival de Cans — O Porriño, maio.
- Pontes — semana do cinema galego e portugués, Vigo, outubro.
Servizos
- Apego — o programa dos concellos para criar en galego.
- A Liña do Galego (A Mesa) — defensa gratuíta dos teus dereitos lingüísticos.
- CELGA — cursos e certificación oficial de galego, de balde.