Portada de Bragakadabra, novela infantil de Antía Yáñez

Bragakadabra gaña o Premio Raíña Lupa

Teño unha alegría enorme que compartir convosco: Bragakadabra foi a obra gañadora do XIX Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil, que convoca a Deputación da Coruña.

O xurado destacou por unanimidade «o humor, a imaxinación, a fantasía e a tenrura» coa que está escrita, e non sabedes o feliz que me fai. Pronto poderedes atopala nas librarías da man de Xerais.

Grazas a quen fai posible que os libros para as nenas e os nenos sigan medrando en galego. ♥

Translate »