No patio do colexio de Lúa prodúcese todos os días unha invasión que deixa moitas nenas e nenos sen espazo para desfrutar do seu tempo de recreo.
Porén, grazas á súa tenacidade, Lúa vai poñer en marcha unha pequena onda que rapidamente se converte nun tsunami de solidariedade.
O xurado destacou
A reconquista destaca polo acaído tratamento da ocupación do espazo central, o liderado feminino e a solidariedade.
Ademais, pola combinación de dúas voces narrativas diferentes, que aluden o humano e o animal, e ao ámbito da ficción e do libro divulgativo, o que fai da obra unha proposta literaria moi atractiva e interesante para as nenas e para os nenos, ao resaltar tamén por ser un exemplo de resolución positiva dos conflitos que xorden na propia contorna