Portada de O misterio do castro de Santa Trega, de Antía Yáñez, con ilustración de Esther S. Rivas (Editorial Galaxia)

«O misterio do castro de Santa Trega» xa está nas librarías

Xa está nas librarías O misterio do castro de Santa Trega, a terceira aventura de Antón, Sabela, Iria, Carola e o can Venres. Desta volta o misterio lévaos á Guarda: unha avoa que cae polas escaleiras (ou que… a caeron?), unhas reservas que ninguén fixo e a lenda da Laxe Sagrada do castro de Santa Trega. Publícao Editorial Galaxia, con ilustracións de Esther S. Rivas.

E hai máis: Galaxia estreou a serie Os Misterios de Antía Yáñez, que reúne as tres entregas cun deseño novo. O misterio de Portomarín e O misterio do torque de Burela volven ás librarías con portadas novas de Esther S. Rivas, despois de que máis de 30.000 lectoras e lectores investigaran canda eles.

Podes ver a ficha completa do libro ou reservalo na túa libraría máis próxima. Que gocedes do misterio!

Translate »