Xa está nas librarías O misterio do castro de Santa Trega, a terceira aventura de Antón, Sabela, Iria, Carola e o can Venres. Desta volta o misterio lévaos á Guarda: unha avoa que cae polas escaleiras (ou que… a caeron?), unhas reservas que ninguén fixo e a lenda da Laxe Sagrada do castro de Santa Trega. Publícao Editorial Galaxia, con ilustracións de Esther S. Rivas.
E hai máis: Galaxia estreou a serie Os Misterios de Antía Yáñez, que reúne as tres entregas cun deseño novo. O misterio de Portomarín e O misterio do torque de Burela volven ás librarías con portadas novas de Esther S. Rivas, despois de que máis de 30.000 lectoras e lectores investigaran canda eles.
Podes ver a ficha completa do libro ou reservalo na túa libraría máis próxima. Que gocedes do misterio!