Proximamente
Por idades
Os libros non teñen idade, pero como é o que máis me preguntan vou tentar clasificar os meus desta forma:
Primeiros lectores
- A reconquista (primeiros lectores)
- A eiruga rabuda (álbum infantil)
A partir de 9 anos
- Plan de rescate (de 9 anos en diante)
- Bragakadabra (de 11 anos en diante)
Mocidade (a partir de 12)
- O misterio de Portomarín (+12)
- O misterio do torque de Burela (+12)
- Be Water (xuvenil)
- Be Water II. Terra (xuvenil)
Persoas adultas
- Senlleiras
- Non penses nun elefante rosa
- O clan das barbies
- Entre donas (obra colectiva)
Cada título aparece unha soa vez, na súa versión orixinal: as edicións noutras linguas (castelán, catalán…) están indicadas dentro de cada ficha. E a edición en Lectura Fácil de O misterio do torque de Burela é para calquera idade: lectura accesible para todas as persoas.
Bragakadabra
A avoa Coral volve despois de anos cunha maleta vella e un segredo que porá todo patas arriba.
A eiruga rabuda
Dorotea agarda converterse en bolboreta, pero a metamorfose falla. Terá que atopar outro xeito de brillar.
Be Water II. Terra
Iolanda e a súa filla deixan atrás a Colmea pagando un prezo moi alto. Fóra agárdaas un mundo novo… e unha Raíña que só quere máis poder. Segunda parte de Be Water.
O clan das barbies
Tres descoñecidas atópanse nunha clínica de fertilidade. Do desespero e da carraxe nacerá unha amizade.
Non penses nun elefante rosa
Aurora ten traballo, amigas e liberdade. Todo sería perfecto… se non fose porque case nada vai como debería.
Entre Donas
Dez relatos doutras tantas escritoras galegas actuais que colocan as mulleres no centro da historia.
Plan de Rescate
Xeila, Heitor, Aldán e Noela están traballando. Oen un estrondo e a profe Xoana desaparece.
O misterio do torque de Burela
Catro irmáns e un can especialista en investigar misterios inquedantes ao longo de toda Galicia.
A Reconquista
No patio do colexio de Lúa prodúcese todos os días unha invasión que deixa moitas nenas e nenos sen espazo.
Senlleiras
A novela das mulleres que rachan co silencio. Mulleres senlleiras que merecen ser lembradas.
O misterio de Portomarín
Durante séculos aquela vila anegada tivo os seus (terribles) segredos ben gardados. Mais agora van saír á luz.
Premios
- 2025 · XIX Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil — Deputación da Coruña, por Bragakadabra (Xerais).
- 2024 · XXXIII Certame de Narracións Breves «Manuel Murguía» — Concello de Arteixo, polo relato As regras.
- 2024 · II Premio Mulleres que Opinan, modalidade en galego — Deputación de Pontevedra, polo artigo de opinión As leis de Newton.
- 2024 · Finalista do XXI Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego — Afundación, pola columna Medrar (Luzes).
- 2022 · XIX Premio Johán Carballeira de Xornalismo — Concello de Bueu, pola crónica A saúde mental en Galicia, en bragas, publicada na revista Luzes.
- 2022 · Premio dos Clubs de Lectura — Consellería de Cultura, Educación e Universidade, á autora galega máis lida nos clubs de lectura escolares.
- 2019 · III Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade — por Plan de rescate (Xerais).
- 2019 · Finalista do I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil — por Be Water (Cuarto de Inverno).
- 2018 · II Premio Illa Nova de Narrativa — Editorial Galaxia, por Senlleiras.
- 2018 · I Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (ex aequo) — Baía Edicións, por A Reconquista.
- 2018 · XXV Certame Literario de Cambre — 1º premio na modalidade de narración breve.
- 2018 · XXVI Concurso Literario Xaime Illa Couto — Concello de Poio, modalidade de relato.
Aparicións nos medios
As entrevistas, os vídeos e as columnas están agora todos xuntos na páxina de prensa.